A aldea de Veigas de Camba desapareceu no 1974 anegada polo embalse das Portas, os últimos veciños abandonárona en febreiro dese ano.



Quero recordar ó noso pobo, ós seus homes e mulleres que traballaron a terra, ós que plantaron pinos no Invernadeiro, ós que traballaron no ferrocarril, ós que tiveron que emigrar... e pídovos axuda.



Se tedes fotos de Camba, agradecería moito que mas enviásedes ó correo veigasdecamba@yahoo.com .

Se alguén sae nunha foto e non quere só ten que me avisar.



23/11/09



No Corgo.
Francisco (Pachicha) bebendo, Corona, Lucita ó fondo, Tomás, o seu fillo Marino e Martín e os seus fillos.

2 comentarios:

  1. Pachicha era meu padriño himao de miña mai e a tia corona irma de meu pai os outros meus primos e o tio martin casado ca irma de miña nai de todos os que xa non estan teño un bonito recordo MARISOL

    ResponderEliminar
  2. O meu avo Martín e miña mamá Carmen.....

    ResponderEliminar