A aldea de Veigas de Camba desapareceu no 1974 anegada polo embalse das Portas, os últimos veciños abandonárona en febreiro dese ano.



Quero recordar ó noso pobo, ós seus homes e mulleres que traballaron a terra, ós que plantaron pinos no Invernadeiro, ós que traballaron no ferrocarril, ós que tiveron que emigrar... e pídovos axuda.



Se tedes fotos de Camba, agradecería moito que mas enviásedes ó correo veigasdecamba@yahoo.com .

Se alguén sae nunha foto e non quere só ten que me avisar.



16/11/09

Construíndo a presa das Portas


Primeiro pensouse construíla no lugar chamado Entrerríos e chamar así ó encoro. Logo acordaron facela oito km río abaixo, no desfiladeiro das Portas. No 1958 Saltos del Sil presentou un proxecto de construción da mesma. Reformaron o proxecto despois de varias prórrogas por un de aproveintamento hidroeléctrico dos ríos Camba e Conso. Camba foi anegada no 1974.

No hay comentarios:

Publicar un comentario