A aldea de Veigas de Camba desapareceu no 1974 anegada polo embalse das Portas, os últimos veciños abandonárona en febreiro dese ano.



Quero recordar ó noso pobo, ós seus homes e mulleres que traballaron a terra, ós que plantaron pinos no Invernadeiro, ós que traballaron no ferrocarril, ós que tiveron que emigrar... e pídovos axuda.



Se tedes fotos de Camba, agradecería moito que mas enviásedes ó correo veigasdecamba@yahoo.com .

Se alguén sae nunha foto e non quere só ten que me avisar.



23/10/09

No prado Dolga



Esta foto está tomada no prado Dolga (sería no baile da mañá, pois vese pouca xente. Pola tarde, ademais dos invitados, viña moita xente desde as aldeas veciñas).
Se non recordo mal celebrábase o San Martiño o 11 de setembro (agora na Venta celébrase o primeiro domingo dese mes) e non en novembro, como lle correspondería. Sabedes cándo se cambiou a festa?
O prado Dolga era un prado comunal, de aproveitamento de todos os veciños, igual que os montes.

1 comentario:

  1. yo baile en ese prado seria en el año 1973-4 creo que fue la ultima fiesta cada vez que paso me paro a mirar. vivo en barcelona una vez encontre a una señora en hospitalet y me dijo que ella ya no tenia pueblo muy trite.

    ResponderEliminar