A aldea de Veigas de Camba desapareceu no 1974 anegada polo embalse das Portas, os últimos veciños abandonárona en febreiro dese ano.



Quero recordar ó noso pobo, ós seus homes e mulleres que traballaron a terra, ós que plantaron pinos no Invernadeiro, ós que traballaron no ferrocarril, ós que tiveron que emigrar... e pídovos axuda.



Se tedes fotos de Camba, agradecería moito que mas enviásedes ó correo veigasdecamba@yahoo.com .

Se alguén sae nunha foto e non quere só ten que me avisar.



11/11/09

OS SANTOS

O San Martiño de Camba hoxe está na Venta. Foi unha pena a igrexa. Fixeron unha pequena capela na Venta e para alí levaron ós santos (non todos, moitos non sei onde acabaron). E as campás, onde están? (penso que unha fendera).
Séguese celebrando o San Martiño, pero agora na Venta, o primeiro domingo de setembro.
Despois de 35 anos aínda acoden moitos veciños de Camba.

No hay comentarios:

Publicar un comentario