A aldea de Veigas de Camba desapareceu no 1974 anegada polo embalse das Portas, os últimos veciños abandonárona en febreiro dese ano.



Quero recordar ó noso pobo, ós seus homes e mulleres que traballaron a terra, ós que plantaron pinos no Invernadeiro, ós que traballaron no ferrocarril, ós que tiveron que emigrar... e pídovos axuda.



Se tedes fotos de Camba, agradecería moito que mas enviásedes ó correo veigasdecamba@yahoo.com .

Se alguén sae nunha foto e non quere só ten que me avisar.



18/11/09

Na Veiga



Veigas de Camba era unha aldea perfecta, protexida dos aires do norte pola serra máis brava de Galicia.

1 comentario:

  1. Se souperades a ilusion que me fai ver estas fotos,non o imaxinais.Nunca habia visto o pobo de VEIGA DE CAMBA,pois eu nacin xa no Barco de Valdeorras,e nunca vin as fotos de ese pobo tan fermoso,eu son Paco fillo de Corona e Francisco,me parece que a que sae nesta foto e a miña aboa Herminia,verdade?. Bueno despidome dando un forte abrazo a xente que puxo estas fotos,entre elas a miña madriña Jacinta.

    ResponderEliminar