A aldea de Veigas de Camba desapareceu no 1974 anegada polo embalse das Portas, os últimos veciños abandonárona en febreiro dese ano.



Quero recordar ó noso pobo, ós seus homes e mulleres que traballaron a terra, ós que plantaron pinos no Invernadeiro, ós que traballaron no ferrocarril, ós que tiveron que emigrar... e pídovos axuda.



Se tedes fotos de Camba, agradecería moito que mas enviásedes ó correo veigasdecamba@yahoo.com .

Se alguén sae nunha foto e non quere só ten que me avisar.



11/11/09

"Adeus Edrada"

"Adeus Edrada" é unha curtametraxe de Rubén Riós na que varios veciños da fermosa aldea figuran como extras. En Camba non había luz eléctrica, usábanse candís de carburo. Se cadra por iso, como na cercana Edrada, paseábase tanto a Santa Compaña.

Comprobo que no anterior enlace xa non se pode ver a curtametraxe, unha pena. Mirade como se fixo pinchando aquí. E aquí podedes ver a promo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario