A aldea de Veigas de Camba desapareceu no 1974 anegada polo embalse das Portas, os últimos veciños abandonárona en febreiro dese ano.



Quero recordar ó noso pobo, ós seus homes e mulleres que traballaron a terra, ós que plantaron pinos no Invernadeiro, ós que traballaron no ferrocarril, ós que tiveron que emigrar... e pídovos axuda.



Se tedes fotos de Camba, agradecería moito que mas enviásedes ó correo veigasdecamba@yahoo.com .

Se alguén sae nunha foto e non quere só ten que me avisar.



10/10/09


Mamaría (a miña avoa, María Martínez), Tenta, Maricarmen, Marina, Herminia e Maximina.
Na nosa familia había o costume de antepor "PAI" e "MAI" ó nome dos avós, así a miña avoa era para nos Mamaría (mamá María) e o meu avó papá Ramón (ou pai Ramón) .
Tiñan ese costume as demais familias da aldea?

2 comentarios:

  1. En efecto, na nosa familia tamén se tiña esa costume. Chamabamoslle Pai Toño, Mai Teresa e Mai Teresa do Curro. Mostra de respeto e afecto hacía eles. Segue así con este blog, que nos recorda aqueles tempos tan maravillosos. Veigas de Camba sempre estará presente en nos. Saúdos e apertas!

    ResponderEliminar
  2. Ah! Temos que mandarche fotos, a ver cando as xuntemos e escaneemos xa as terás.
    Saúdos!

    ResponderEliminar