A aldea de Veigas de Camba desapareceu no 1974 anegada polo embalse das Portas, os últimos veciños abandonárona en febreiro dese ano.



Quero recordar ó noso pobo, ós seus homes e mulleres que traballaron a terra, ós que plantaron pinos no Invernadeiro, ós que traballaron no ferrocarril, ós que tiveron que emigrar... e pídovos axuda.



Se tedes fotos de Camba, agradecería moito que mas enviásedes ó correo veigasdecamba@yahoo.com .

Se alguén sae nunha foto e non quere só ten que me avisar.



9/11/09



O meu pai, Miguel López Ballesteros, no 1973.

Camba non existía en internet. Hai anos que pensaba en subir as nosas fotos e as do meu tío Ramón para compartilas con todos os veciños, se o fixen agora é porque estraño ó meu pai, porque o boto de menos. No que a min me corresponde, persoalmente, dedícolle este blog.

No hay comentarios:

Publicar un comentario