A aldea de Veigas de Camba desapareceu no 1974 anegada polo embalse das Portas, os últimos veciños abandonárona en febreiro dese ano.



Quero recordar ó noso pobo, ós seus homes e mulleres que traballaron a terra, ós que plantaron pinos no Invernadeiro, ós que traballaron no ferrocarril, ós que tiveron que emigrar... e pídovos axuda.



Se tedes fotos de Camba, agradecería moito que mas enviásedes ó correo veigasdecamba@yahoo.com .

Se alguén sae nunha foto e non quere só ten que me avisar.



1/11/09

A XENTE

Facendo de músicos (foto moi pequeniña de Fermín Martínez).
Coa caixa Tomás Martínez, que vive en Lugo; con tambor Domingo (Ríos) que vive na Gudiña; logo está Máximo (Asador) que vive en Trives; Manuel xa faleceu; Luis vive en Ponferrada; Fidel finou en Venezuela, Fermín vive en Lugo e Felipe (Ficho) que faleceu a finais de xaneiro do 2010 nun pobo cercano a Madrid, no que viviu os últimos trinta anos. Detrás de Ríos está Adolfo e o outro rapaz é Paquito da Concepción.

No hay comentarios:

Publicar un comentario