A aldea de Veigas de Camba desapareceu no 1974 anegada polo embalse das Portas, os últimos veciños abandonárona en febreiro dese ano.



Quero recordar ó noso pobo, ós seus homes e mulleres que traballaron a terra, ós que plantaron pinos no Invernadeiro, ós que traballaron no ferrocarril, ós que tiveron que emigrar... e pídovos axuda.



Se tedes fotos de Camba, agradecería moito que mas enviásedes ó correo veigasdecamba@yahoo.com .

Se alguén sae nunha foto e non quere só ten que me avisar.



22/9/09

Domingo Pérez Toro.

1 comentario:

  1. Está claro, formabamos parte dunha civilización moi avanzada. Hoxe comentase de calquera con 15 anos: é un neno, non pode traballar, ten que adicarse o estudio(quizais....., Estudio Estadio). Con 18 segue sendo un neno, pero grande, moi grade, é un momento importante, ai que decidir: sacar o carné de conducir ou matricularse nunha carreira de nova creación, tipo "gran hermano" ou sucedáneo, ou polo contrario entrar nestas escolas de actores, moi espalladas polo planeta televisión (tamén chamadas "do cotilleo" ou "corazón"). Con 35 xa non é un neno, ten que durmir polo día, a noite e moi longa.
    É pra demostrar que a nosa civilización era moi adiantada, aí tedes o meu primo facendo a correspondente quenda de garda no pórtico da igrexa. Cando lle tocaba a quenda do mediodía-tarde, protestaba, dicía que lle pegaba o sol nos ollos é non podía mirar as mozas na casa en fronte.

    CON ESTA RETRANCA QUERO FACER UNHA SENTIDA HOMENAXE A TODOS OS QUE NOS TOCOU SER NENOS NUN TEMPO É LUGAR QUE NOS FIXO SER DIFERENTES.

    Con todo cariño.
    Manuel(Maneque)

    ResponderEliminar