A aldea de Veigas de Camba desapareceu no 1974 anegada polo embalse das Portas, os últimos veciños abandonárona en febreiro dese ano.



Quero recordar ó noso pobo, ós seus homes e mulleres que traballaron a terra, ós que plantaron pinos no Invernadeiro, ós que traballaron no ferrocarril, ós que tiveron que emigrar... e pídovos axuda.



Se tedes fotos de Camba, agradecería moito que mas enviásedes ó correo veigasdecamba@yahoo.com .

Se alguén sae nunha foto e non quere só ten que me avisar.



23/10/09

Esta foto enviouma Víctor Martínez. Onde están? Que fan?
Aclaroume Vitín por correo que é o Prado Dolga, o día de San Martíño.

2 comentarios:

  1. Están no prado Dolga. Neste sitio facíase a festa, pero non sei neste caso cual era motivo (parece uha concentración con presencia da guardia civil).

    Manuel(Maneque)

    ResponderEliminar
  2. O macho que aparece na foto era da Irene.

    ResponderEliminar