A aldea de Veigas de Camba desapareceu no 1974 anegada polo embalse das Portas, os últimos veciños abandonárona en febreiro dese ano.



Quero recordar ó noso pobo, ós seus homes e mulleres que traballaron a terra, ós que plantaron pinos no Invernadeiro, ós que traballaron no ferrocarril, ós que tiveron que emigrar... e pídovos axuda.



Se tedes fotos de Camba, agradecería moito que mas enviásedes ó correo veigasdecamba@yahoo.com .

Se alguén sae nunha foto e non quere só ten que me avisar.



13/9/09


Felipe Pérez Martínez, na aira do barrio de arriba.

1 comentario:

  1. Felipe, por Deus!!!
    ¿Cúanto tempo pensas seguir co engazo nesa posición?
    Pero, ¿quén carallo pensas que vai xuntar a herba?
    E inda encima tes a merenda o sol, e non sei se as formigas estanse apoderar dela.
    Date presa, dalle a volta o engazo e ponte a faenar, mira que nubarrons de tormenta asoman na Cabeciña.

    Con cariño
    Manuel (Maneque)

    ResponderEliminar