A aldea de Veigas de Camba desapareceu no 1974 anegada polo embalse das Portas, os últimos veciños abandonárona en febreiro dese ano.



Quero recordar ó noso pobo, ós seus homes e mulleres que traballaron a terra, ós que plantaron pinos no Invernadeiro, ós que traballaron no ferrocarril, ós que tiveron que emigrar... e pídovos axuda.



Se tedes fotos de Camba, agradecería moito que mas enviásedes ó correo veigasdecamba@yahoo.com .

Se alguén sae nunha foto e non quere só ten que me avisar.



23/11/09

A igrexa

A igrexa, alí quedou...tiña ganas de ter unha imaxe dela. A foto é de Pepe (José Martínez Toro) que vive en Viana. Gracias Pepe.

1 comentario:

  1. A Igrexa era bonita !ONDE ESTARAN AS PEDRAS¡ NON CREO QUE QEDASEN DEBAIXO DA AUGA .Alegroume ver que alguen tivese fotos dela e unha foto "PRECIOSA"

    ResponderEliminar