A aldea de Veigas de Camba desapareceu no 1974 anegada polo embalse das Portas, os últimos veciños abandonárona en febreiro dese ano.



Quero recordar ó noso pobo, ós seus homes e mulleres que traballaron a terra, ós que plantaron pinos no Invernadeiro, ós que traballaron no ferrocarril, ós que tiveron que emigrar... e pídovos axuda.



Se tedes fotos de Camba, agradecería moito que mas enviásedes ó correo veigasdecamba@yahoo.com .

Se alguén sae nunha foto e non quere só ten que me avisar.



1/8/09

Estando coas ovellas no Pisón saíronlle cinco lobos a miña mai e a Marina...
"Coa res, cerca da Cabeciña, baixou a néboa, oubeaban os lobos... para volver deixámonos guiar polas cabras..."
Coñecedes historias de lobos? Desas como a do pastor ó que lle mataron o can e non lles deixou que o comeran traéndoo a rastro mentres o seguían de cerca... Desas que me puñan os pelos de punta contadas o calor da lareira...
Atrevédevos a contárnolas nos comentarios.

1 comentario:

  1. Eu vin o lobo unha sola vez indo con miña mai decara o muiño a tapar a auga,peromiña mai si me ten contado que ela si que se topou con il alguas veces cando uva cas ovellas , e me contou que unha vez que o lobo lle colleu unha ovella ela tiraba por un lado e o lobo por outro ,pero a ovella non a pudo salvar , verdade e que a min gustabame escoitar esa historias nas noites de fiadeiro na casa de meu tio Xoxe manuel

    ResponderEliminar