A aldea de Veigas de Camba desapareceu no 1974 anegada polo embalse das Portas, os últimos veciños abandonárona en febreiro dese ano.



Quero recordar ó noso pobo, ós seus homes e mulleres que traballaron a terra, ós que plantaron pinos no Invernadeiro, ós que traballaron no ferrocarril, ós que tiveron que emigrar... e pídovos axuda.



Se tedes fotos de Camba, agradecería moito que mas enviásedes ó correo veigasdecamba@yahoo.com .

Se alguén sae nunha foto e non quere só ten que me avisar.



10/9/09


Pepe e Manuela.
A foto é de José Martínez Toro (Pepe) que vive en Viana.

1 comentario:

  1. Moi ben, primo.
    Ti veste pon da igrexa é as vacas soas en "porriñas" é despois o tío Felipe dime que as miñas vacas andáronlle comendo a herba no prado del. Corenta anos pra descubrilo!!!
    Como atenuante serva o ben que debuxabas na escola, por iso entendo o teu interese polas obras de arte.

    Unha aperta pra todos.
    Manuel(Maneque)

    ResponderEliminar