A aldea de Veigas de Camba desapareceu no 1974 anegada polo embalse das Portas, os últimos veciños abandonárona en febreiro dese ano.



Quero recordar ó noso pobo, ós seus homes e mulleres que traballaron a terra, ós que plantaron pinos no Invernadeiro, ós que traballaron no ferrocarril, ós que tiveron que emigrar... e pídovos axuda.



Se tedes fotos de Camba, agradecería moito que mas enviásedes ó correo veigasdecamba@yahoo.com .

Se alguén sae nunha foto e non quere só ten que me avisar.



9/9/09


Bautista Fernández e Francisco Blanco no prado Dolga. Bautista vive na Gudiña e Francisco no Barco. Bautista era de Camba e Francico casouse con Corona, pero de onde era?

1 comentario:

  1. HOLA A TODOS,SON ISAURA A FILLA DO BAUTISTA,
    BUENO DECIRCHE QUE O FRANCISCO ERA DE CAMPOBECERROS.
    MOITOS BIKOS PARA TODOS OS VECIÑOS DE VEIGAS DE CAMBA.

    ResponderEliminar