A aldea de Veigas de Camba desapareceu no 1974 anegada polo embalse das Portas, os últimos veciños abandonárona en febreiro dese ano.



Quero recordar ó noso pobo, ós seus homes e mulleres que traballaron a terra, ós que plantaron pinos no Invernadeiro, ós que traballaron no ferrocarril, ós que tiveron que emigrar... e pídovos axuda.



Se tedes fotos de Camba, agradecería moito que mas enviásedes ó correo veigasdecamba@yahoo.com .

Se alguén sae nunha foto e non quere só ten que me avisar.



1/11/09


Carnavais no barrio de arriba.
Ó fondo vese a tía Manuela. Quen son os demais? A foto é de Petra.

1 comentario:

  1. De dereita a esquerda:
    Beba, Martelas, Amparo,Abelino, Toñito e Miguel(abaixo)

    ResponderEliminar