A aldea de Veigas de Camba desapareceu no 1974 anegada polo embalse das Portas, os últimos veciños abandonárona en febreiro dese ano.



Quero recordar ó noso pobo, ós seus homes e mulleres que traballaron a terra, ós que plantaron pinos no Invernadeiro, ós que traballaron no ferrocarril, ós que tiveron que emigrar... e pídovos axuda.



Se tedes fotos de Camba, agradecería moito que mas enviásedes ó correo veigasdecamba@yahoo.com .

Se alguén sae nunha foto e non quere só ten que me avisar.



1/11/09


Celso, Jacinta, Angelita, Jacinta, Bautista, Higinio, María e Tino. Os nenos son Miguel e Teté, o día da súa comuñión. Esta foto é de Jacinta, filla de Herminia e Higinio, irmá de Corona. Jacinta vive en Barcelona.

No hay comentarios:

Publicar un comentario