A aldea de Veigas de Camba desapareceu no 1974 anegada polo embalse das Portas, os últimos veciños abandonárona en febreiro dese ano.



Quero recordar ó noso pobo, ós seus homes e mulleres que traballaron a terra, ós que plantaron pinos no Invernadeiro, ós que traballaron no ferrocarril, ós que tiveron que emigrar... e pídovos axuda.



Se tedes fotos de Camba, agradecería moito que mas enviásedes ó correo veigasdecamba@yahoo.com .

Se alguén sae nunha foto e non quere só ten que me avisar.



23/11/09


Composición feita por Maneque con fotos de Ramón, con ela busca unha visión máis ampla.
Di Manuel que a ponte do barrio de arriba era "paso case obrigatorio de entrada e saída para a Venta da Capilla, Carracedo, A Gudiña, etc., e tamén para ir a todas as fincas que había o outro lado do río, principalmente cando levaba moita auga".
"Ponte do barrio de arriba.
Por qué me deixache cruzar?
Cando pisaba polas túas travesas e me estaba a desangrar.
Camiño dos Carpinteiros, cruzo naquel regueiro con augas de cristal.
Deixo caer as últimas lágrimas pra que xunto de ti as poida levar, coa esperanza de que cando vexas a súa tristura non me deixes marchar.
Carpinteiros arriba, case sen poder andar. Deus!!!
Tanta luz como reflexa-che nestes meus ollos!!!
De qué me serve xa?
Pra diante non queren ver e detrás non poden mirar.
Xa chegou a máquina infernal.
Lévame onde queiras, xa me da igual.
A miña alma queda onde tiña que quedar.
Ponte do barrio de arriba.
Por qué me deixache cruzar?
Sabías que o facía pra nunca mais regresar."
"A TODOS AQUELES QUE COMA MIN SENTEN OU SENTIRON QUE UN DIA ARRINCARONNOS DE SUPETO, SEN NIN SEQUERA PROTEXER AS NOSAS RAICES".
Manuel (Maneque)

6 comentarios:

  1. Ponte do barrio de arriba.
    Por qué me déixache cruzar?
    Cando pisaba polas túas travesas é me estaba a desangrar.

    Camiño dos Carpinteiros, cruzo naquel regueiro con augas de cristal.
    Deixo caer as últimas lágrimas pra que xunto de ti as poida levar, coa esperanza de que cando vexas a súa tristura non me deixes marchar.

    Carpinteiros arriba, case sen pode andar. Deus!!!
    Tanta luz como reflexa-che nestes meus ollos!!!
    De qué me serve xa?
    Pra diante non queren ver é detrás non poden mirar.

    Xa chegou a máquina infernal.
    Lévame onde queiras, xa me da igual.
    A miña alma queda onde tiña que quedar.

    Ponte do barrio de arriba.
    Por qué me déixache cruzar?
    Sabias que o facía pra nunca mais regresar.

    "A TODOS AQUELES QUE COMA MIN SENTEN OU SENTIRON QUE UN DIA ARRINCARONNOS DE SUPETO, SEN NIN SEQUERA PROTEXER AS NOSAS RAICES".

    Manuel(Maneque)

    ResponderEliminar
  2. que pouca auga parece ter a poza de debaxo da ponte, co medo que me daba a min.
    como anedota recordo que a Carlota cuando baixaba cos xugetes pro san martiño, pra cruzar a ponte tiña que taparlle os ollos a burra si non non pasaba, julis

    ResponderEliminar
  3. De verdade Maneque que tes alma de poeta eu non puden reprimie unha vagoa que saiu dos meus ollos,!cantas veces subin e baixen po los carpinteiros a coller o tren a Venta ,alguas veces andando e outrs no burro que tiña meu abo o "pai Toño" un saudo

    ResponderEliminar
  4. raque gudiña14 marzo, 2010

    hola julis eu son neta da carlota faime moita ilusión falar oír dela.Non puiden disfrutar moito dela xa que morreu cando eu tiña 13 anos.Cóntame algo dela.Saúdos.

    ResponderEliminar
  5. Cris e Raquel19 marzo, 2010

    Maneque, emocionante poema...

    ResponderEliminar
  6. Benjamín Fernández Martínez14 abril, 2010

    Hola, soy Benjamin Fernández Martinez, este puente me trae muy buenos recuerdos de mi niñez; como anécdota, recuerdo que una vez Toño Da Felicita quiso gastarme una broma cuando yo iba con mis vacas y mi oveja, él quiso meterme miedo pasándose por lobo!! yo empece entonces a tirarle piedras hacia el lugar dónde estaba escondido,y él entonces empezo a gritar... "Min Min para para soy eu o Toño"..muy buenos recuerdos. Era un muy buen señor, que se llevaba bien con todos los niños del pueblo y era muy bromista. Saludos a toda la gente de Camba.

    ResponderEliminar