A aldea de Veigas de Camba desapareceu no 1974 anegada polo embalse das Portas, os últimos veciños abandonárona en febreiro dese ano.



Quero recordar ó noso pobo, ós seus homes e mulleres que traballaron a terra, ós que plantaron pinos no Invernadeiro, ós que traballaron no ferrocarril, ós que tiveron que emigrar... e pídovos axuda.



Se tedes fotos de Camba, agradecería moito que mas enviásedes ó correo veigasdecamba@yahoo.com .

Se alguén sae nunha foto e non quere só ten que me avisar.



1/11/09


Curso escolar do ano...? Temos que saber quen son estos nenos! A de arriba, á dereita, paréceme a miña madriña, Amparo, e arriba a esquerda paréceme Jacinta, sonas?
Esta foto é de Jacinta Álvarez. Ó fondo da foto aparece por sorpresa Daniel que era irmán de Jacinta e de Corona.

1 comentario:

  1. Si que son Jacinta e Amparo, e a que esta o lado de Jacinta e a Catuxa

    ResponderEliminar