A aldea de Veigas de Camba desapareceu no 1974 anegada polo embalse das Portas, os últimos veciños abandonárona en febreiro dese ano. Quero recordar ó noso pobo, ós seus homes e mulleres que traballaron a terra, ós que plantaron pinos no Invernadeiro, ós que traballaron no ferrocarril, ós que tiveron que emigrar... e pídovos axuda. Se tedes fotos de Camba, agradecería moito que mas enviásedes ó correo
veigasdecamba@yahoo.com .
Se alguén sae nunha foto e non quere só ten que me avisar.
Que foto mais bonita esta do Ovidio con ese fermosa cara de "pillo" teñena que ver as suas fillasde seguro que lles gustara moito
ResponderEliminar