A aldea de Veigas de Camba desapareceu no 1974 anegada polo embalse das Portas, os últimos veciños abandonárona en febreiro dese ano.



Quero recordar ó noso pobo, ós seus homes e mulleres que traballaron a terra, ós que plantaron pinos no Invernadeiro, ós que traballaron no ferrocarril, ós que tiveron que emigrar... e pídovos axuda.



Se tedes fotos de Camba, agradecería moito que mas enviásedes ó correo veigasdecamba@yahoo.com .

Se alguén sae nunha foto e non quere só ten que me avisar.



20/10/09


Ricardo, Manuela e Hortensina.
O tío Ricardo era irmán da miña avoa, María Martínez Fernández, de Manuela, de Felipe e de Amparo. Tiveron outro irmán que marchou para Montevideo hai moitos anos (Benigno?)

No hay comentarios:

Publicar un comentario