A aldea de Veigas de Camba desapareceu no 1974 anegada polo embalse das Portas, os últimos veciños abandonárona en febreiro dese ano.
Quero recordar ó noso pobo, ós seus homes e mulleres que traballaron a terra, ós que plantaron pinos no Invernadeiro, ós que traballaron no ferrocarril, ós que tiveron que emigrar... e pídovos axuda.
Se tedes fotos de Camba, agradecería moito que mas enviásedes ó correo veigasdecamba@yahoo.com .
Se alguén sae nunha foto e non quere só ten que me avisar.
1/11/09
Lino, estirado, e detrás del Aurora, ou é Milucha?, o do medio é Mincho do Valente e a da esquerda é Maruja, a irmá de Lino. Quen son as outras mozas?A foto é de Lino Barja.
PARA VER MÁIS FOTOS DA XENTE DE CAMBA PINCHADE,Ó FINAL de cada PÁXINA, EN "Entradas antiguas".
Se queredes gardar unha foto pinchade sobre ela para vela en grande e logo: botón dereito do rato e "guardar imagen como..." (máis grande:botón dereito e "abrir enlace en una pestaña nueva")
Pinchade en "COMENTARIOS" para lelos ou para engadir vos calquera.
La de la cinta en el pelo es Manuela de Ricardo.
ResponderEliminar