A aldea de Veigas de Camba desapareceu no 1974 anegada polo embalse das Portas, os últimos veciños abandonárona en febreiro dese ano.



Quero recordar ó noso pobo, ós seus homes e mulleres que traballaron a terra, ós que plantaron pinos no Invernadeiro, ós que traballaron no ferrocarril, ós que tiveron que emigrar... e pídovos axuda.



Se tedes fotos de Camba, agradecería moito que mas enviásedes ó correo veigasdecamba@yahoo.com .

Se alguén sae nunha foto e non quere só ten que me avisar.



19/11/09

Jacinta Fernández Álvarez no porto, coa caña do tío Domingo Toro.

Se o río non levaba moita auga os carros cruzábano nos portos (había un moi cerca do barrio de abaixo e outro máis arriba da ponte do barrio de arriba). Nos portos o río estaba empedrado para que os carros o puidesen cruzar.

A xente cruzaba polas pasadas. Son das pasadas as pedras grandes que se ven á dereita de Jacinta?

2 comentarios:

  1. as pedras da dereita son dos pasos que habia pra cruzar po lo rio recordo esa gran morea de pedrs que hay o lado

    ResponderEliminar
  2. ...sonche "poldras"...as pedras que cruzan os cauces e deixan espazo pra os pasos dos carros. Os románs xa as facían nas suas estradas. Coma paso de peóns enlazaban as duas beirarrúas...
    DEica.

    ResponderEliminar