A aldea de Veigas de Camba desapareceu no 1974 anegada polo embalse das Portas, os últimos veciños abandonárona en febreiro dese ano.



Quero recordar ó noso pobo, ós seus homes e mulleres que traballaron a terra, ós que plantaron pinos no Invernadeiro, ós que traballaron no ferrocarril, ós que tiveron que emigrar... e pídovos axuda.



Se tedes fotos de Camba, agradecería moito que mas enviásedes ó correo veigasdecamba@yahoo.com .

Se alguén sae nunha foto e non quere só ten que me avisar.



5/9/09


Miguel Fernández Rodríguez (o que está sentado).
A foto é da sua filla Jacinta Fernández Álvarez.

1 comentario:

  1. Alegrámonos moito de coñecer o noso avó e o noso bisavó: MIGUEL. Os teus netos e biznetos de Trives.

    ResponderEliminar