A aldea de Veigas de Camba desapareceu no 1974 anegada polo embalse das Portas, os últimos veciños abandonárona en febreiro dese ano.



Quero recordar ó noso pobo, ós seus homes e mulleres que traballaron a terra, ós que plantaron pinos no Invernadeiro, ós que traballaron no ferrocarril, ós que tiveron que emigrar... e pídovos axuda.



Se tedes fotos de Camba, agradecería moito que mas enviásedes ó correo veigasdecamba@yahoo.com .

Se alguén sae nunha foto e non quere só ten que me avisar.



11/11/09

Pepa Toro Barazal e Jacinta Fernández Álvarez, co San Martiño na Venta (a foto é de Jacinta).
Unha parte da Venta da Capilla (da estrada cara Camba) e a Venta do Bolaño pertencían a parroquia de Veigas de Camba, o camposanto e a igrexa parroquial estaban en Camba. A Capilla, ó sur da estrada, pertencía á parroquia de Parada da Serra.
"A parroquia de Veigas de Camba desapareceu trala construcción do Encoro das Portas. Os lugares A Venda da Capela e A Venda do Bolaño pasaron a depender das parroquias de Parada da Serra e Pentes, respectivamente, pertencentes ó concello da Gudiña" (Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Ourense).

No hay comentarios:

Publicar un comentario