A aldea de Veigas de Camba desapareceu no 1974 anegada polo embalse das Portas, os últimos veciños abandonárona en febreiro dese ano.



Quero recordar ó noso pobo, ós seus homes e mulleres que traballaron a terra, ós que plantaron pinos no Invernadeiro, ós que traballaron no ferrocarril, ós que tiveron que emigrar... e pídovos axuda.



Se tedes fotos de Camba, agradecería moito que mas enviásedes ó correo veigasdecamba@yahoo.com .

Se alguén sae nunha foto e non quere só ten que me avisar.



17/11/09

Fotos da construción da presa

Se queredes ver fotos de como foi a construción da presa pinchade AQUÍ para ir a páxina de fotógrafos Oronoz e logo, no buscador por palabras buscade "Viana Bollo" (ollo: Bollo e non Bolo) e obteredes dúas referencias (central eléctrica e exterior) pinchade sobre elas para ver as fotos. Penso que a maioría son da construción do embalse de Camba. Sonas?

No hay comentarios:

Publicar un comentario