A aldea de Veigas de Camba desapareceu no 1974 anegada polo embalse das Portas, os últimos veciños abandonárona en febreiro dese ano.



Quero recordar ó noso pobo, ós seus homes e mulleres que traballaron a terra, ós que plantaron pinos no Invernadeiro, ós que traballaron no ferrocarril, ós que tiveron que emigrar... e pídovos axuda.



Se tedes fotos de Camba, agradecería moito que mas enviásedes ó correo veigasdecamba@yahoo.com .

Se alguén sae nunha foto e non quere só ten que me avisar.



30/9/09

Petra, Milucha e ... quen é a outra moza? Quen vos fixera os vestidos? Ou mercárailos xa feitos? Eran iguais?

1 comentario:

  1. A outra e Irene. Os vestidos non son iguais

    ResponderEliminar