A aldea de Veigas de Camba desapareceu no 1974 anegada polo embalse das Portas, os últimos veciños abandonárona en febreiro dese ano.



Quero recordar ó noso pobo, ós seus homes e mulleres que traballaron a terra, ós que plantaron pinos no Invernadeiro, ós que traballaron no ferrocarril, ós que tiveron que emigrar... e pídovos axuda.



Se tedes fotos de Camba, agradecería moito que mas enviásedes ó correo veigasdecamba@yahoo.com .

Se alguén sae nunha foto e non quere só ten que me avisar.



5/9/09


Salvador, pai de Hortensina Blanco Camba.
Acórdase a miña mai das chozas que facía Salvador ("moi ben feitas") para protexerse do mal tempo cando ía coas vacas.

1 comentario:

  1. me emociona ver ao meu bisabo cando mue pai non o conoceu :) que se chama coma el


    P.D:Teresa pon algo xD

    ResponderEliminar