A aldea de Veigas de Camba desapareceu no 1974 anegada polo embalse das Portas, os últimos veciños abandonárona en febreiro dese ano.



Quero recordar ó noso pobo, ós seus homes e mulleres que traballaron a terra, ós que plantaron pinos no Invernadeiro, ós que traballaron no ferrocarril, ós que tiveron que emigrar... e pídovos axuda.



Se tedes fotos de Camba, agradecería moito que mas enviásedes ó correo veigasdecamba@yahoo.com .

Se alguén sae nunha foto e non quere só ten que me avisar.



10/9/09

José Grande. 
Dime José: cal é o teu segundo apelido? Quen son os teus irmáns?
Dinos a neta de José que o seu segundo apelido é Villarino. As súas irmáns son Sarita, que vive en Francia, Dorotea que vive en Venezuela, e Maria e Florentina que xa faleceron.

1 comentario:

  1. Soy nieta de José. Su segundo apellido es Villarino. Sus hermanas se llaman Sarita, Dorotea, Maria y Florentina. Sarita vive en Francia, Dorotea en Venezuela y Maria y Florentina ya fallecieron.

    ResponderEliminar