A aldea de Veigas de Camba desapareceu no 1974 anegada polo embalse das Portas, os últimos veciños abandonárona en febreiro dese ano.



Quero recordar ó noso pobo, ós seus homes e mulleres que traballaron a terra, ós que plantaron pinos no Invernadeiro, ós que traballaron no ferrocarril, ós que tiveron que emigrar... e pídovos axuda.



Se tedes fotos de Camba, agradecería moito que mas enviásedes ó correo veigasdecamba@yahoo.com .

Se alguén sae nunha foto e non quere só ten que me avisar.



10/9/09

María Rita mandounos estas fotos que lle pasou Esteban Fernández Rodríguez, o fillo de Vicenta e de Máximo (Asador), gracias a todos. 

Benigno Rodríguez Toro, Catalina e Catuxa

Catalina e Vicenta, en Camba

Esteban Fernández Rodríguez

Esteban e María José, son fillos de Vicenta e Asador, onde viven ahora?

María José

María José en Camba

Máximo cos seus fillos

Vicenta cos seus fillos, diante da cantina. Non me acordo do nome dos donos da cantina, só había unha, non?

 
Asador con Domingo de Castiñeira e Vicenta

De bautizo: Julio, María José, María, Catalina, Esteban, María, Nelson...

No hay comentarios:

Publicar un comentario