A aldea de Veigas de Camba desapareceu no 1974 anegada polo embalse das Portas, os últimos veciños abandonárona en febreiro dese ano.



Quero recordar ó noso pobo, ós seus homes e mulleres que traballaron a terra, ós que plantaron pinos no Invernadeiro, ós que traballaron no ferrocarril, ós que tiveron que emigrar... e pídovos axuda.



Se tedes fotos de Camba, agradecería moito que mas enviásedes ó correo veigasdecamba@yahoo.com .

Se alguén sae nunha foto e non quere só ten que me avisar.



1/9/25

Os nomes da nosa terra: Veigas de Camba

1 comentario:

  1. Toponimia de Galicia: "A toponimia seméllase aos seres vivos porque moitos dos nosos nomes de lugar nacen, evolucionan e tamén chegan a desaparecer. En Galicia construíronse moitos encoros nos anos 60 e 70 que ademais de terras, aldeas, vivencias e sentimentos, asolagaron tamén os seus nomes.
    Porén, moitos destes topónimos que foron borrados sobreviven grazas ás súas comunidades, ás persoas que alí viviron. Este novo capítulo da serie “Os nomes da nosa terra” está protagonizado por Domingo Martínez “O Ríos”, un sabio que coñece cada recanto da aldea de Veigas de Camba e as terras que a rodeaban, e que axudou a poñela de novo no mapa a pesar de que está sepultada baixo o encoro das Portas, no concello ourensán de Vilariño de Conso.
    Tamén coñeceremos a Cristina e Raquel Fernández Fernández, descendentes da última familia que abandonou esta aldea asolagada, que puxeron en marcha unha iniciativa para recoller a memoria de Veigas de Camba."

    ResponderEliminar