
O río Camba o seu paso por Veigas de Camba.
"E, por fin, a auga.
Inmensa como un mar,
asasina da herba que arrecendía a menta no verán.
Auga do sagrado Camba,
obrigado a rebelarse contra os nosos prados
e a alagar o seu propio berce entre amieiros,
o cheirume a herba seca entre os prados da Lama,
toda a ribeira que trouxera a vida dende as fontes."
Inmensa como un mar,
asasina da herba que arrecendía a menta no verán.
Auga do sagrado Camba,
obrigado a rebelarse contra os nosos prados
e a alagar o seu propio berce entre amieiros,
o cheirume a herba seca entre os prados da Lama,
toda a ribeira que trouxera a vida dende as fontes."
Eu non son de Veiga de Camba. Son dunha pequena aldea de montaña de Oimbra, perto de Verín. Dende fai 18 anos vivo no Barco. Hoxe falando co meu perruqueiro, faloume de Veiga de Camba. El é de Fornelos, e de cativo foi algunha vez a festa de S. Martiño. Eu visito o río Camba moitas veces o ano, pero só nos queda o tramo dende Pradocabalos ata as Portas. Vou a pescar troitas e coñezo todo este tramo, cada pozo, cada corrente, cada carreiro. Teño fotos e videos de este tramo que son dunha beleza indescriptible, sobre todo a parte do canón ou desfiladeiro. Sempre me chamou a atención como seria o rio nas Portas. Agora vexo que era unha veiga moi fermosa.
ResponderEliminarEstou ainda emocionado o ver as fotos da paisaxe, da vosa xente. Tedes que estar moi orgullosos de recuperar estas lembranzas.
Animo e un afectuoso saúdo para todos...SERXIO
EL PULUQUERO DEL BARCO ES DE FORNELOS SE LLAMA OVIDIO SI QUE FUE A LA FIESTA QUE BIEN SE BAILABA EN AQUELLA PRADERA.
ResponderEliminar