A aldea de Veigas de Camba desapareceu no 1974 anegada polo embalse das Portas, os últimos veciños abandonárona en febreiro dese ano.



Quero recordar ó noso pobo, ós seus homes e mulleres que traballaron a terra, ós que plantaron pinos no Invernadeiro, ós que traballaron no ferrocarril, ós que tiveron que emigrar... e pídovos axuda.



Se tedes fotos de Camba, agradecería moito que mas enviásedes ó correo veigasdecamba@yahoo.com .

Se alguén sae nunha foto e non quere só ten que me avisar.



1/1/50

Envioume esta foto Víctor Martínez Pérez (Vitín), o fillo de Domingo (Ríos), que vive na Gudiña. Gracias a ela cando miremos o encoro situaremos mellor onde estaba a aldea. Vese o barrio de arriba, un pouco máis a dereita do que sae na foto estaba o barrio de abaixo.

11 comentarios:

  1. Hola!Que lindo traballo estás facendo;Eu son da Venta da Capilla,e sempre tiven curiosidade por saber como era Veigas de Camba,desde pequeno oin falar de Camba,e de verdade,estou impresionado.Infindas Gracias,oxalá algún día se poida homenaxear a toda a xente de Camba; ou se poida facer unha exposición con estas fotos.Grazas!

    ResponderEliminar
  2. Hola e grzas por todas as fotos que estades poñendo miro cada dia por si hay algua nova eu estou preparando alguas pa poñer en canto teña todo listo conta con elas .Temos que seguir pra que este trballo vaya pra diante .Marisol

    ResponderEliminar
  3. Xa non tiña esperanza de volver ver o pueblo no que nacín e vivín 13 anos(barrio de arriba). Con esta imaxe e como si os soños imposibles que tiven durate todos estos anos nos que sempre via os sitios como os recorba de neno,se fixeran realidade.
    Gracias o autor desta maravillosa iniciativa e a todos os que participan de un xeito u de otro enviando información.
    Polas raices alimentase y aferrase o chán uha arbore. Non deixemos que as nosas raices sexan aplastadas po lo rodillo do tempo.

    Sempre no meu CORAZÓN
    Manuel(Maneque)

    ResponderEliminar
  4. Entre todos, imos a recuperalo sentimento que nunca perdimos de ser de Veigas de Camba, con estas fotos, lembramonos, emocionamonos, e explicamoslle os nosos como era aquelo, e o ben que se vivía.
    Sempre estará no noso corazón.

    ResponderEliminar
  5. Non sabedes o que me alegra ver que a xente esta a participar , temos que seguir pra que non se perdan as nosaa raices nin os recordos ,e o mesmo tempo facerlle un homenaxe os que xa non estan,pero que siguen presentes nos nosos corazons un saludo a todos os que participades .Marisol

    ResponderEliminar
  6. Ainda que non son natural da zona,teño un cariño especial o lugar pois levo pescando troitas no embalse dende que tiña 10 anos,sempre tuven curiosidad por saber onde se atopaba o pobo afundido de veigas de camba,agora que sei da sua ubicación,non saio do meu asombro,pois resultou estar sumerxido xusto por baixo da miña zona preferida de pesca na que tantos momentos felices pasei,a partir de agora cada vez que volva o lugar, ei de ter presente os que quedaron ali e os que tiveron que marchar,sempre respetarei ese lugar, que significa moito para mim...(Edu Arrieta)

    ResponderEliminar
  7. Veigas de camba era un valle moi fermoso con un gran rio no que habia moi boas troitas pois a suas augas baixaban limpas se non estivera anegado hoxe seria o pobo mais fermoso do axuntamento de Vilariño ,nostalgias de aqueles lugares nos que transcurriu parte da miña infancia

    ResponderEliminar
  8. Dar las gracias y la vez la enhorabuena,por este bloc,tan lindo que has creado,es emocianante y ala vez nostalgico,ya que este es mi pueblo donde naci y donde pase mis primeros años de mi infancia,yo sali de alli con nueve o diez años ya ni lo recuerdo,ya se me habia olvidado como era mi pueblo.
    Pero si recuerdo los inviernos frios,los veranos calurosos y todo verde,con un rio de agua cristalina.
    lo que tampoco se me olvida es la calle donde vivi o ¡¡CALLITEIRO!!
    Mºluz

    ResponderEliminar
  9. Que alegria le has dado a mi madre y tias, no tenemos muchas fotos del pueblo y estas fotos y comentarios las han emocionado,¡enhorabuena por crear un album tan bonito!soy la hija de Petra ó nieta de Ricardo y Hortensina, un saludo a todos y ya te mandaré fotos.

    ResponderEliminar
  10. hola, buscando datos de mi abuelo lorenzo grande que nacio en vegas de camba, encontre este blog con tantas fotos! hace 3 años fui a conocer esa zona y parte de la familia de mi abuelo, que emigro a argentina, vive en gudiña. necesito informacion de como y donde buscar la partida de nacimiento, mi nombre es carolina grande. correo: cgmatz@yahoo.es muchas gracias y un saludo-

    ResponderEliminar
  11. Ola amigas e amigos de Veigas de Camba:

    Chámome Miguel e a miña familia paterna é do pobo de Pepín (Concello de Castrelo do Val. Descobrín estes días o voso blog de Veigas de Camba e gustoume moito polo que vós mando as miñas felicitacións. A min tamén gústame conservar a memoria histórica, o folclore, as tradicións e a toponimia do meu pobo. Oín falar de pequeno ós vellos de Pepín do voso pobo, dicindo que era moi bonito pero que o encoro o estragara e fixera desaparecer. Resulta curioso que no voso pobo abunda o apelido Toro igual que en Pepín. De feito a miña avoa paterna apledidábase Toro. Por certo que o voso pobo pertencía ó concello de Castrelo do Val polo que somos "veciños". Gustaríame manter contacto convosco e intercambiar información e experiencias. Actualmente estou a facer un traballo sobre as aves e os paxaros do noso concello e gustaríame saber se alguén de vós sabe ou acórdase dos nomes destes animais en Veigas de Camba. O meu correo eelectrónico é sanvicentedepepin@yahoo.es. Unha aperta e de novo felicitacións. Grazas. Miguel de Pepín.

    ResponderEliminar