A aldea de Veigas de Camba desapareceu no 1974 anegada polo embalse das Portas, os últimos veciños abandonárona en febreiro dese ano.
Quero recordar ó noso pobo, ós seus homes e mulleres que traballaron a terra, ós que plantaron pinos no Invernadeiro, ós que traballaron no ferrocarril, ós que tiveron que emigrar... e pídovos axuda.
Se tedes fotos de Camba, agradecería moito que mas enviásedes ó correo veigasdecamba@yahoo.com .
Se alguén sae nunha foto e non quere só ten que me avisar.
23/11/09
A igrexa
A igrexa, alí quedou...tiña ganas de ter unha imaxe dela. A foto é de Pepe (José Martínez Toro) que vive en Viana. Gracias Pepe.
PARA VER MÁIS FOTOS DA XENTE DE CAMBA PINCHADE,Ó FINAL de cada PÁXINA, EN "Entradas antiguas".
Se queredes gardar unha foto pinchade sobre ela para vela en grande e logo: botón dereito do rato e "guardar imagen como..." (máis grande:botón dereito e "abrir enlace en una pestaña nueva")
Pinchade en "COMENTARIOS" para lelos ou para engadir vos calquera.
A Igrexa era bonita !ONDE ESTARAN AS PEDRAS¡ NON CREO QUE QEDASEN DEBAIXO DA AUGA .Alegroume ver que alguen tivese fotos dela e unha foto "PRECIOSA"
ResponderEliminar