A aldea de Veigas de Camba desapareceu no 1974 anegada polo embalse das Portas, os últimos veciños abandonárona en febreiro dese ano.



Quero recordar ó noso pobo, ós seus homes e mulleres que traballaron a terra, ós que plantaron pinos no Invernadeiro, ós que traballaron no ferrocarril, ós que tiveron que emigrar... e pídovos axuda.



Se tedes fotos de Camba, agradecería moito que mas enviásedes ó correo veigasdecamba@yahoo.com .

Se alguén sae nunha foto e non quere só ten que me avisar.



22/9/09


Toño (de Enriba), Choni, Celsa, Magdalena e Toñito.
Gracias Puli por aclararme quen está na foto.

4 comentarios:

  1. En esta foto da primeira comunion estamos de esquerda a dereita: Toño (de enrriba),Choni, Celsa,Madalena e toñito (puli).

    saudos de Toñito(puli), agora xa non son Toñito son Antonio jejejee.

    Enhoraboa polo blog,choupinnnn

    ResponderEliminar
  2. Moitas gracias Puli, hai anos que non te vexo.
    Pois eu, aínda que medrei, sigo sendo o "choupín". Un abrazo e que sigas sempre co teu bon humor.

    ResponderEliminar
  3. gustarime saber si ese toño o de enrriba e o fillo de julia e irman de lucita e josefa e alberto, gracias

    ResponderEliminar
  4. si, Toño e o fillo de Julia, e tamen e meu primo, i eu son Choni, que tamén estou nesa foto.

    ResponderEliminar