A aldea de Veigas de Camba desapareceu no 1974 anegada polo embalse das Portas, os últimos veciños abandonárona en febreiro dese ano.
Quero recordar ó noso pobo, ós seus homes e mulleres que traballaron a terra, ós que plantaron pinos no Invernadeiro, ós que traballaron no ferrocarril, ós que tiveron que emigrar... e pídovos axuda.
Se tedes fotos de Camba, agradecería moito que mas enviásedes ó correo veigasdecamba@yahoo.com .
Se alguén sae nunha foto e non quere só ten que me avisar.
22/9/09
Toño (de Enriba), Choni, Celsa, Magdalena e Toñito.
PARA VER MÁIS FOTOS DA XENTE DE CAMBA PINCHADE,Ó FINAL de cada PÁXINA, EN "Entradas antiguas".
Se queredes gardar unha foto pinchade sobre ela para vela en grande e logo: botón dereito do rato e "guardar imagen como..." (máis grande:botón dereito e "abrir enlace en una pestaña nueva")
Pinchade en "COMENTARIOS" para lelos ou para engadir vos calquera.
En esta foto da primeira comunion estamos de esquerda a dereita: Toño (de enrriba),Choni, Celsa,Madalena e toñito (puli).
ResponderEliminarsaudos de Toñito(puli), agora xa non son Toñito son Antonio jejejee.
Enhoraboa polo blog,choupinnnn
Moitas gracias Puli, hai anos que non te vexo.
ResponderEliminarPois eu, aínda que medrei, sigo sendo o "choupín". Un abrazo e que sigas sempre co teu bon humor.
gustarime saber si ese toño o de enrriba e o fillo de julia e irman de lucita e josefa e alberto, gracias
ResponderEliminarsi, Toño e o fillo de Julia, e tamen e meu primo, i eu son Choni, que tamén estou nesa foto.
ResponderEliminar