A aldea de Veigas de Camba desapareceu no 1974 anegada polo embalse das Portas, os últimos veciños abandonárona en febreiro dese ano.



Quero recordar ó noso pobo, ós seus homes e mulleres que traballaron a terra, ós que plantaron pinos no Invernadeiro, ós que traballaron no ferrocarril, ós que tiveron que emigrar... e pídovos axuda.



Se tedes fotos de Camba, agradecería moito que mas enviásedes ó correo veigasdecamba@yahoo.com .

Se alguén sae nunha foto e non quere só ten que me avisar.



9/9/09


Ovidio, no Calliteiro (no barrio de arriba).
Ovidio e fillo de Francisco (Pachicha e de Corona), hoxe vive no Barco de Valdeorras, gracias por correxirme nos "comentarios" e gracias polas fotos.

1 comentario:

  1. O mudarse de Veiga de Camba foron vivir a Arcos, e agora vive no Barco de Valdeorras.

    ResponderEliminar