A aldea de Veigas de Camba desapareceu no 1974 anegada polo embalse das Portas, os últimos veciños abandonárona en febreiro dese ano.



Quero recordar ó noso pobo, ós seus homes e mulleres que traballaron a terra, ós que plantaron pinos no Invernadeiro, ós que traballaron no ferrocarril, ós que tiveron que emigrar... e pídovos axuda.



Se tedes fotos de Camba, agradecería moito que mas enviásedes ó correo veigasdecamba@yahoo.com .

Se alguén sae nunha foto e non quere só ten que me avisar.



23/9/09


Jacinta Fernández, Jacinta Álvarez e a pequena Teté, na Picota. Onde vive agora Teté? A foto é de Jacinta Álvarez.

2 comentarios:

  1. Que pouco sabedes onde vive a xente, Tete vive e Vilamarti de Baldeorras cerquiña do Barco o seu marido e de ali

    ResponderEliminar
  2. Son Teté e vivo en Vilamartín de Valdeorras, entre O Barco e a Rúa.

    ResponderEliminar