A aldea de Veigas de Camba desapareceu no 1974 anegada polo embalse das Portas, os últimos veciños abandonárona en febreiro dese ano.
Quero recordar ó noso pobo, ós seus homes e mulleres que traballaron a terra, ós que plantaron pinos no Invernadeiro, ós que traballaron no ferrocarril, ós que tiveron que emigrar... e pídovos axuda.
Se tedes fotos de Camba, agradecería moito que mas enviásedes ó correo veigasdecamba@yahoo.com .
Se alguén sae nunha foto e non quere só ten que me avisar.
23/9/09
Jacinta Fernández, Jacinta Álvarez e a pequena Teté, na Picota. Onde vive agora Teté? A foto é de Jacinta Álvarez.
PARA VER MÁIS FOTOS DA XENTE DE CAMBA PINCHADE,Ó FINAL de cada PÁXINA, EN "Entradas antiguas".
Se queredes gardar unha foto pinchade sobre ela para vela en grande e logo: botón dereito do rato e "guardar imagen como..." (máis grande:botón dereito e "abrir enlace en una pestaña nueva")
Pinchade en "COMENTARIOS" para lelos ou para engadir vos calquera.
Que pouco sabedes onde vive a xente, Tete vive e Vilamarti de Baldeorras cerquiña do Barco o seu marido e de ali
ResponderEliminarSon Teté e vivo en Vilamartín de Valdeorras, entre O Barco e a Rúa.
ResponderEliminar