A aldea de Veigas de Camba desapareceu no 1974 anegada polo embalse das Portas, os últimos veciños abandonárona en febreiro dese ano.
Quero recordar ó noso pobo, ós seus homes e mulleres que traballaron a terra, ós que plantaron pinos no Invernadeiro, ós que traballaron no ferrocarril, ós que tiveron que emigrar... e pídovos axuda.
Se tedes fotos de Camba, agradecería moito que mas enviásedes ó correo veigasdecamba@yahoo.com .
Se alguén sae nunha foto e non quere só ten que me avisar.
24/11/09
O barrio de abaixo
Cantos habitantes tiña Camba antes de ser anegada?
AÍ ESTA NOSA ESCOLA (a primeira casa, a da ventá) Cuatos bos recordos, cuantas carreiras pola canella, pola picota e na aira que estaba o subir as escaleiras, cerca das da saida da escola. Todo acompañado pola vexetación que protexía o regueiro que baixaba pegadiño a escola. No inverno baixaba tal cantidade de auga que moitas veces os rapaces do barrio de arriba tíñamos dificultades pra pasar. Dende a emoción que me embarga, quero recordar a tos os que compartimos aqueles inolvidables momentos, de forma especial os que nos achegabamos mais na idade, as rapazas, coas que xa pretedíamos demostrar na festa as nosas cualidades pro baile (bueno, eu era bastante cortado), Marité, Moracha, Dolores, Isaura, Lena, etc.
"NON E POSIBLE OLVIDAR UNHA PARTE DA NOSA VIDA, DO NOSO PASADO, CUANDO SIGUE ALÍ SOTERRADO"
PARA VER MÁIS FOTOS DA XENTE DE CAMBA PINCHADE,Ó FINAL de cada PÁXINA, EN "Entradas antiguas".
Se queredes gardar unha foto pinchade sobre ela para vela en grande e logo: botón dereito do rato e "guardar imagen como..." (máis grande:botón dereito e "abrir enlace en una pestaña nueva")
Pinchade en "COMENTARIOS" para lelos ou para engadir vos calquera.
AÍ ESTA NOSA ESCOLA (a primeira casa, a da ventá)
ResponderEliminarCuatos bos recordos, cuantas carreiras pola canella, pola picota e na aira que estaba o subir as escaleiras, cerca das da saida da escola. Todo acompañado pola vexetación que protexía o regueiro que baixaba pegadiño a escola. No inverno baixaba tal cantidade de auga que moitas veces os rapaces do barrio de arriba tíñamos dificultades pra pasar.
Dende a emoción que me embarga, quero recordar a tos os que compartimos aqueles inolvidables momentos, de forma especial os que nos achegabamos mais na idade, as rapazas, coas que xa pretedíamos demostrar na festa as nosas cualidades pro baile (bueno, eu era bastante cortado), Marité, Moracha, Dolores, Isaura, Lena, etc.
"NON E POSIBLE OLVIDAR UNHA PARTE DA NOSA VIDA, DO NOSO PASADO, CUANDO SIGUE ALÍ SOTERRADO"
Manuel(Maneque)
Que bonita é a miña aldea
ResponderEliminar