A aldea de Veigas de Camba desapareceu no 1974 anegada polo embalse das Portas, os últimos veciños abandonárona en febreiro dese ano. Quero recordar ó noso pobo, ós seus homes e mulleres que traballaron a terra, ós que plantaron pinos no Invernadeiro, ós que traballaron no ferrocarril, ós que tiveron que emigrar... e pídovos axuda. Se tedes fotos de Camba, agradecería moito que mas enviásedes ó correo
veigasdecamba@yahoo.com .
Se alguén sae nunha foto e non quere só ten que me avisar.
Cuando vexo esta imaxe, e como se o tempo se detubera fai 40 anos.
ResponderEliminarCuantos pasaxes da miña vida neste plano. Recordo o Ricardo cortandome o pelo debaixo daquela gran mazaira, con musica de fondo dos paxaros que disfrutaban dun marco incomparable, irrepetible. Os enormes negrillos os que me encanta subir nos mediodias do verán, pra riparlle as follas que metia nun saco, pra darlle depois
os porcos.
Tamen estaba o forno comunitario no que se cocia o pán (centeo) pra varios días. Estaban preestablecidos
turnos da sua utlización. Cuando nos tocaba, eu xa apañaba o lombo os feixes de uces mezladas con outro tipo de ramas, depois pola noite era cuando se cocia, moitas veces xa non aguantaba o sono e terminaba tumbado nunha especie de mesados que había dentro, por suposto, todo nfariñado.
Na parte media-esquerda da imaxe inda había outro grupo de casas, entre elas a miña (que pena que non saise)
Mais ou menos a esa altura tamen pasa a caldeira que traia a auga do rio dende moi arriba do pueblo e que regaba a maior parte do terreo da marxe esquerda do rio, pra cruzar o regueiro que baixaba costeando o prado habia unha canle e donde desemboca do outro lado faciase unha especie de poza donde se lavaba a roupa, e no verán tamen se daba algún chapuzón, principalme os beciños do Calleteiro(calle perpedicular a principal que unia os
dous barrios), que eu recorde; os do Pachicha, os do Valente, os do Pío, os do Ricardo e os do Jesús é algún que outro das cercanias. Esta caldeira chegaba hasta moi cerca do barrio de abaixo.
Podería escribir un libro a partir desta imaxe, pero tantos recordos e imaxes circulando a tanta velocidade polo meu cerebro é cuando menos complicado pra ordealos.
"O VERDADEIRO VALOR DAS COUSAS QUE NOS RODEAN, NON E O QUE TEÑEN, E O QUE LLE QUEIRAMOS DAR"
Manuel(Maneque)
Eu podese decir que son dos dous barrios xa que no de arriba viian meus abos maternos e casi todos meus tios entre eles o Pachicha que era tamen meun padriño, no barrio de baixo estaba a familia de meu pai e tamen era onde viviamos nos ,eu pouco estiven de pequena en Camba porque meu pai estaba traballando por fora ,pero no meu corazon sempre estara veigas de camba un saludo a todos os que estades a participar
ResponderEliminarMi madre siempre me habla de lo bonito que era Camba, yo apenas tenía tres años cuando salimos de Barcelona y fuimos al pueblo, pero tengo algunos recuerdos de la cal, el calleteiro, y alguna de sus gentes, tambien tengo el recuerdo de las escaleras de la casa de mis abuelos Ricardo y Hortensina. Un saludo a todos.
ResponderEliminarAtopei esta páxina por casualidade.Eu son de Campobecerros.Son bisneto de Martiniano e neto de Antonino(seguro que alguen os coñeceu por eses lares).Sempre oín historias deste pobo ,máis nunca soupen onde estaba situado exactamente.Gracias por axudarme a sabelo.Menuda preciosidade de pobo que tiñades!!!
ResponderEliminarUn saudo
Hola de novo.Martiniano era meu bisavó.Eu non cheguei a coñecelo.....Era natural de Campobecerros.Alí tivo moita familia.O único fillo que queda vivo é meu avó,que xa ronda os 90.
ResponderEliminarNon sei se te refires a Ourense capital.Se é así direiche que non.El sempre viviu en Campos.
Por certo ,decir que tamen teño familia no voso concello,en Entrecinsa(Miguel e a súa filla Pilar).....
Xa lle preguntarei a meu avó cando vaia por alí....Seguro que sabe quen es....Ao final o mundo é un pañuelo.....
Saudos!!!
José Manuel
Perdoa falei conmiña nai,e non ,non era ese Martiniano......
ResponderEliminarsaudos de novo
Hola son Marisol e xa vexo que non nos referimos o mismo Marteneano pois este que eu digo vivia e Ourense capita e era sastre de todos modos mandoche un saudo e me alegro que viras esta paxinas sa nosa "terriña"
ResponderEliminarEse Maartiniano conociao meu avó Antonino.....
ResponderEliminarUn saudo