A aldea de Veigas de Camba desapareceu no 1974 anegada polo embalse das Portas, os últimos veciños abandonárona en febreiro dese ano.



Quero recordar ó noso pobo, ós seus homes e mulleres que traballaron a terra, ós que plantaron pinos no Invernadeiro, ós que traballaron no ferrocarril, ós que tiveron que emigrar... e pídovos axuda.



Se tedes fotos de Camba, agradecería moito que mas enviásedes ó correo veigasdecamba@yahoo.com .

Se alguén sae nunha foto e non quere só ten que me avisar.



1/1/70


Impresionante! Levaba moito esperando unha foto así, contaba con ela pero xa case perdera a esperanza.
Son de Germán, o irmán de Elena e... de quen máis?  Por certo, onde vive Germán?  MOITÍSIMAS GRACIAS.
Gracias tamén a Javier e a Gabino por enviarma. Para vela máis grande pinchade co botón dereito e logo en "abrir enlace en una pestaña o ventana nueva".

1/1/69

O Barrio de Abaixo
















Vese a casa dos meus avós!!!  O forno! A fonte! A Iglesia...

1/1/68

Esta gran foto enviouna Amparo a eltiempo.es describíndoa como "foto sacada en el año 1975 más o menos, antes de ser embalsado, ahora es el embalse de As Portas. Una gran pena..."    
Amparo, se a orixinal ten mellor calidade agradeceríache moito que no la enviases a veigasdecamba@yahoo.com

1/1/50

Envioume esta foto Víctor Martínez Pérez (Vitín), o fillo de Domingo (Ríos), que vive na Gudiña. Gracias a ela cando miremos o encoro situaremos mellor onde estaba a aldea. Vese o barrio de arriba, un pouco máis a dereita do que sae na foto estaba o barrio de abaixo.

Gracias José Luis!!! Trinta e seis anos despois volvo mirar cara Camba.

3/3/30





Apréciase o barrio de abaixo e, máis lonxe, o de arriba.

Esta foto foi tomada nos finais dos anos 60 por José Simón (Ourense), que traballou na construción do encoro naqueles anos. Gracias. Subiunas David Simón ó seu blog e pareceulle ben o de poñelas aquí, para compartilas con todos nós.
Para ampliar a imaxe primeiro pinchar co botón esquerdo e logo co botón dereito  en "abrir imagen en una pestaña nueva".
Non tiña nada,
tiña frío entremedias daquelas sábanas conxeladas.
Non tiña nada,
tiña a ilusión que hoxe me falta.
Non tiña nada,
tiña a liberdade que hoxe me enmascaran.
Non tiña nada,
tiña a infancia que non cambiaría por nada.
Non tiña nada,
tíñate a ti: POBO DE VEIGAS DE CAMBA

Manuel (Maneque)

3/1/13

Empezando a encherse

Foto publicada por Pedro en tiempo.es como "continuacion de la que envio Amparo hace unos dias en la que "todavía" se veia el pueblo de Vegas de Camba y el valle "http://www.eltiempo.es/…/embalse-de-as-portas-en-vilarino-d…)

O desafío do Sil

Distintas miradas dun tempo non tan lonxano. Somos os que somos por todos aqueles que levantaron as presas, polos campesinos que tiveron que deixar de selo... Un tempo duro e austero no que as portas das casas das aldeas sempre se atopaban abertas.

Parabéns o director e a todo o seu equipo.

No minuto 48 do documental sae Veigas de Camba e a súa xente. Non deixedes de ver a transición da foto do embalse á do val coa aldea.


Pinchade para velo: "O desafío do Sil"

AS EXPROPIACIÓNS

Nestas resolucións da Comisaría de Augas del Norte de España, relativas ás expropiacións das fincas de Veigas de Camba, podedes ver os nomes dos lugares da aldea e os nomes dos seus donos, os nomes da xente de Camba:
BOE 4-11-1971;   BOE 21-03-1973;  BOE 16-02-1973;
BOE 30-09-1971;   BOE 24-04-1971 ...
Sucogrande, Faceira, Prado Dolga, As Corgas, As Pingarelas, A Fonte, A Lama, O Lameiro, Lameiral, A Horta, As Míllaras,  A Cruz, O Viduedo, O Bao, A Tapada, Tapada Grande, Quiñones, Toxal, Os Afreixos, O Campo, Coveliñas, Xardosa, Cabrois, A da Pedra, Torgalón, Torgal, A Rega, Coiñedo, Lama Dafreixo, Porto do Carro, Cabaxe Seca, O Xestal, Candal, Poza Darrás, Salgueiral, Don Pedro, Chorido, Toxal, Afreixos...

7/6/11


Se queres descargalo ou velo máis grande: pinchade aquí

11/1/10

Pincha sobre a imaxe para vela grande (sensacional)
Foto de José Felipe Iglesias Cañedo

Páxina de Veigas de Camba en FACEBOOK

Temos un facebook de Veigas de Camba onde podedes subir fotos, vídeos, noticias, comentarios ... É moi fácil engadirse, primeiro tedes que darvos de alta en facebook co nome e cun correo electrónico e logo no de Camba (pinchade sobre os anteriores enlaces).

11/12/09

A xente


Axudádeme a facer outro vídeo coma este (mandádeme fotos a veigasdecamba@yahoo.com). Para descargalo ou velo máis grande pinchade

10/12/09


Aínda faltan moitos... Para velo en grande ou para descargalo pinchade AQUÍ

4/12/09

Recordando Camba

Do programa "TODO O TEMPO DO MUNDO - Vilariño de Conso", da TVG. Copyright Televisión de Galicia.
Saúdos a Pilar da Entrecinsa (Pilar é filla da Xina de Camba que alí casara). Saúdos a Domingo (Ríos) que agora vive na Gudiña, onde viviu tamén Bautista, ó que recordamos, e saúdos a María e Celso que viven en Vilanova, na Pobra de Trives.
Veigas de Camba estaba máis lonxe da presa do que indican. Canto habería desde a presa ó barrio de abaixo? Entre dous e tres km? Canto tempo levaba andando? Media hora?

2/12/09

Mapa topográfico da zona de Veigas de Camba, do 1943

Os barrios de Veigas de Camba estaban ó redor dos 800 m de altitude, acadando na Pereisada os 1500 m
Gracias S. Lorenzo por facilitarme este mapa e gracias pola túa páxina: www.galeon.com/sloren/luciapra/veigascam.htm


Mapa do 1984. A que se vos parece a forma do embalse?

1/12/09

Veigas de Camba no diccionario de Madoz de 1850

Recoméndovos que visitedes a páxina "Ourense Natural", que no seu apartado de pobos anegados fala sobre Veigas de Camba: www.galeon.com/sloren/luciapra/anegado.htm Gracias Secundino pola páxina e gracias por facilitarme o mapa da zona e os datos do diccionario de Madoz sobre Camba, que non coñecía.
No 1850 Veigas de Camba tiña "40 vec., 160 almas".

30/11/09

"CARBONEROS DE LAS SIERRAS DEL SURESTE DE ORENSE"
Moitos dos costumes, das formas de vida, das paisaxes e dos traballos que se relatan nesta reportaxe eran tamén patrimonio do noso pobo.
Artigo da "Revista de Folklore",
unha publicación da Fundación Joaquín Díaz . (Grazas Mónica).

"Los pueblos con alma", artigo de José María Castroviejo.
(Pinchade sobre a imaxe para poder lela, logo podedes aumentala máis coas teclas Ctrl e +, pulsándoas á vez)

26/11/09

"La prosperidad que no se ve"
Esta noticia da Voz de Galicia tamén a atopei no facebook de Vilariño de Conso e pareceume moi interesante.

25/11/09


"O reloxo da vida" de Xosé Lois Rúa Núñez, xornalista e poeta nacido en Campobecerros: "Luis tiña xa oitenta e catro anos e botárono de veigas de Camba..." 
Xosé Lois Rúa é o autor de "Elexías do Camba".

Historia do Invernadeiro


Da serie "Parques de Galicia", podedes velo completo na televisión a carta da TVG. Copyright Televisión de Galicia.
A mediados dos 50, e nos 60, Papelera Española repoboou con pinos o Invernadeiro. No 1981 arrasouno un grande incendio.
Camba lindaba co Invernadeiro, xente de todo o concello de Vilariño traballou alí. O meu avó Ramón traballou alí, quen máis?

24/11/09

Todo o val de Veigas de Camba no 1956
Para ampliar a imaxe primeiro pinchar co botón esquerdo e logo co botón dereito e en "abrir imagen en una pestaña nueva".
Hoxe
Veigas de Camba no 1956
Hoxe
Gracias a Secundino Lorenzo que me fixo saber que o "voo americano" estaba dispoñible en internet (entre os anos 1956 e 57 o exército americano, por un acordo militar, realizou un voo fotogramétrico de toda España).
Grazas, outra vez, polas túas páxinas Ourense natural, A vida nos ríos galegos, Alberguería e  por acordarte de Veigas de Camba.
As seguintes fotos son do voo americano de 1956 (tedes toda Galicia pinchando aquí).

O barrio de abaixo


Cantos habitantes tiña Camba antes de ser anegada?
Cerca de 200?

O barrio de arriba

Maneque, nos comentarios da foto, descríbenos un pouco o barrio de arriba e regálanos unhas pinceladas de como era a vida nel.

A VEIGA


Os montes, o río , a veiga... Pincha sobre a imaxe para vela grande.


Veva. Estas fotos en color son do meu padriño, Ramón Martínez Martínez.

No concello de Vilariño de Conso existía este paraíso.

23/11/09



No Corgo.
Francisco (Pachicha) bebendo, Corona, Lucita ó fondo, Tomás, o seu fillo Marino e Martín e os seus fillos.


Na Sega


A tía Herminia, Julio, Elvira e Bautista.

Corona e Francisco (Pachicha). Logo viviron no Barco.

A igrexa

A igrexa, alí quedou...tiña ganas de ter unha imaxe dela. A foto é de Pepe (José Martínez Toro) que vive en Viana. Gracias Pepe.

Entrañable foto de Bautista (di que os que están á sombra da primeira meda son os seus cuñados, Julio e Domingo)

Veigas de Camba


Aprécianse o barrio de abaixo, os camiños, o río...
Onde o camiño cruza o río estaban as pasadas (e alí seguen).
Gracias Gabino pola foto.


Coas ovellas paridas, cerca do río.
Ai!!! Marino.

A res (rabaño con ovellas e cabras de todas as casas) saía a diario ó monte. No inverno as ovellas non ían coa res, quedaban nos montes máis baixos. Ó pastor acompañábao unha persoa de cada casa por quenda, máis ou menos días segundo as ovellas que tivese no rabaño (por cada dez un día). Eses días había que manter ó pastor e o seu can. A res de Camba tería ó redor de 500 ovellas e cabras? Cada barrio tiña o seu rabaño.

Os meus tíos: Tenta (Vicenta Toro), Tomás e Ramón Martínez.

Vese o transformador... mais nunca chegou a luz.


O meu tío, Tomás Martínez, coa miña irmá Elena. Tamén se ve a Fermín e ó Rizo.

Moito me falou a Mamaría das súas vacas...

Entre os dous barrios (Socogrande). A esquerda adivíñase o cauce do río.

Ó fondo está o barrio de arriba. Cántos metros habería entre os dous barrios?
Todas estas fotos cadradas, en branco e negro, fíxoas o meu irmán Senén de rapaz.

O RÍO


O río Camba o seu paso por Veigas de Camba.
"E, por fin, a auga.
Inmensa como un mar,
asasina da herba que arrecendía a menta no verán.
Auga do sagrado Camba,
obrigado a rebelarse contra os nosos prados
e a alagar o seu propio berce entre amieiros,
o cheirume a herba seca entre os prados da Lama,
toda a ribeira que trouxera a vida dende as fontes."

A ponte do barrio de arriba


Acórdome das pasadas. Cerca do barrio de abaixo o río ensanchaba e podía cruzarse saltando de pedra en pedra. Cando o río levaba moito caudal as pasadas quedaban cubertas pola auga.
Os carros só cruzaban as pontes baleiros, empuxándoos a man e incluso subíndolles una roda pola varanda. Se viñan cheos había que desocupalos, cruzar a ponte e volver a enchelos, pero o normal era ter un carro de cada lado e trasladar a carga dun ó outro.



Esta é unha das pontes ás que se refire Madoz no seu diccionario de 1850.
Había outra ponte río abaixo.

Composición feita por Maneque con fotos de Ramón, con ela busca unha visión máis ampla.
Di Manuel que a ponte do barrio de arriba era "paso case obrigatorio de entrada e saída para a Venta da Capilla, Carracedo, A Gudiña, etc., e tamén para ir a todas as fincas que había o outro lado do río, principalmente cando levaba moita auga".
"Ponte do barrio de arriba.
Por qué me deixache cruzar?
Cando pisaba polas túas travesas e me estaba a desangrar.
Camiño dos Carpinteiros, cruzo naquel regueiro con augas de cristal.
Deixo caer as últimas lágrimas pra que xunto de ti as poida levar, coa esperanza de que cando vexas a súa tristura non me deixes marchar.
Carpinteiros arriba, case sen poder andar. Deus!!!
Tanta luz como reflexa-che nestes meus ollos!!!
De qué me serve xa?
Pra diante non queren ver e detrás non poden mirar.
Xa chegou a máquina infernal.
Lévame onde queiras, xa me da igual.
A miña alma queda onde tiña que quedar.
Ponte do barrio de arriba.
Por qué me deixache cruzar?
Sabías que o facía pra nunca mais regresar."
"A TODOS AQUELES QUE COMA MIN SENTEN OU SENTIRON QUE UN DIA ARRINCARONNOS DE SUPETO, SEN NIN SEQUERA PROTEXER AS NOSAS RAICES".
Manuel (Maneque)

19/11/09

Jacinta Fernández Álvarez no porto, coa caña do tío Domingo Toro.

Se o río non levaba moita auga os carros cruzábano nos portos (había un moi cerca do barrio de abaixo e outro máis arriba da ponte do barrio de arriba). Nos portos o río estaba empedrado para que os carros o puidesen cruzar.

A xente cruzaba polas pasadas. Son das pasadas as pedras grandes que se ven á dereita de Jacinta?

En Cobaliñas. Gracias Luis polas fotos.

Na Lama.